Cociña con cogomelos: Lasaña de cantarelos

Ingredentes

  • Láminas de lasaña
  • 500 gr de cantarelos
  • 1 cebola
  • 1 pemeto vermello
  • 1 tomate grande
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal e pementa
  • Queixo relado

Para a salsa bechamel

  • 50 gr de fariña
  • 50 gr de manteiga
  • 1 L de leite
  • Auga
  • Noz moscada

lasana-setas--644x362

Preparación

O primeiro que hai que facer é cocer as láminas de lasaña segundo o que indique o envase (normalmente uns 10 minutos). Cando estean brandas, pásanse por auga fría e póñense a secar enriba duns panos.

Despois, perpárase o recheo de cantarelos. Comézase pochando a cebola, o pemento e o tomate nunha tixola con aceite. Cando estea todo ben pochadiño, engádense os cogomelos cortados en tiras. Ao pouco bótase a sal e a pementa e cando todo estea feito, déixase reposar.

Mentres facemos o recheo de cogomelos, podemos ir preparando tamén a bechamel. Para iso, derrétese a manteiga nunha tixola, engádese a fariña removendo ben para despois ir engadindo o leite quente sen deixar de remover para que non se fagan grumos. Botámoslle tamén noz moscada ao gusto.

Por último, xa solo queda xuntalo todo. Cubrimos unha bandeixa de forno cunha capa de láminas de lasaña e botámoslle por riba o recheo de setas pochadas. Tápase todo con outra capa de lámina de lasaña e repetimos. Pódense facer tantas capas como se queira, pero o recomendable é facer dúas ou tres. Unha vez acabamos co recheo, poñemos unha última capa de láminas de lasaña, botamos por riba a bechamel e eun pouco de queixo grelado e metémolo todo no forno prquentado. Gratínase ao gusto e listo para comer!

Deja un comentario