Colleita de cogomelos: Flipa, Cornello.

Tan importante como saber qué cogomelos son comestibles é distinguir cales non o son. Damos comezo a un monográfico dos cinco tipos de fungos alucninóxenos máis comúns nos campos galegos: onde atopalos, que apariencia teñen e que efectos provocan.

O CORNELLO

Este pode que sexa o fungo tóxico máis abundante no país. Medra nas espigas do trigo e, especialmente, do centeo.

Neste artigo podes ver a súa historia completa. Pero, resumindo, se os labregos non o separaban ben das semillas, o que era bastante común non hai moito tempo, iba na fariña do pan e producía alucinacións, delirios, convulsións e mesmo certos casos de gangrena.

cornello

Ademáis, entre as sustancias químicas que contén está o ácido lisérxico, componente principal do LSD.

Pero, a comezos do século XX descubriron que, en pequeñas doses, diminuía as hemorraxias. E comezou a empregarse como medicamento para deter as hemorraxias uterinas derivadas do parto.

Deja un comentario