Cociña con Cogomelos: Garvanzos con sendeiriñas e verduras

Ingredentes

  • 250 gr de garvanzos
  • 200 gr de cogomelos varios (sendeiriñas, champiñóns, níscaros)
  • 150 cc de viño branco
  • 1 cebola
  • 1 allo pequeno
  • 2 cenouras
  • 1/2 pemento verde e vermello
  • Especias e sal
  • Aceite de oliva virxe

garvanzos con sendeiriñas

Preparación

A noite anterior, poñemos os garvanzos a remollo con auga tibia.

Poñemos os garvanzos nunha pota con loureiro e un chisco de sal. Deixamos cocer durante uns 60 minutos ata que estén feitos.

Mentras, picamos e pochamos o allo maila cebola nunha tixola con aceite. Engadimos primeiro as cenouras picadas, e cando estea algo branda, os pementos. Unha vez feitas as verduras, engadimos os cogomelos (só troceamos os níscaros, o resto deixámolos enteiros) e deixamos que boten a auga sen que chegue a evaporarse.

Pódese engadir tamén un tomate pequeno troceado.

Cando os cogomelos estén feitos engadimos os garvanzos mailo viño branco. Cando o alcohol estea reducido, botamos sal e especias ao gusto.

Deja un comentario