Os pitufos tamén son galegos

Colleita de cogomelos: Rebentabois

Como todos sabemos, os pitufos viven en cogomelos vermellos con pinchiñas brancas. O que outros chaman Amanita Muscaria, en Galicia coñécese polo nome de Rebentabois.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O nome deste fungo non podía ser máis gráfico. Por se o seu aspecto non te da que desconfíar, tes que saber que as súas tóxinas afectan gravemente ao fígado e ao intestino, pero raramente son mortais.

Á media hora de inxerilo comezan dores cólicas e vómitos e inmediatamente despois comezan os delirios, alucinacións, visións coloreadas e puntos de luz para rematar cun forte sono ao cabo de varias horas.

Aparecen xa a finais de verán en medios húmidos e sombríos baixo coníferas ou bidueiros (frondosas) pero non é estraño atopalos en espazos máis despexados, tanto en zonas baixas como de media montaña.

Para saber máis, consulta este enlace.

Deja un comentario