Colleita de cogomelos: Cacaforra cincenta

Seguindo coa serie dos cogomelos alucinóxenos máis comúns nos montes galegos, hoxe tócalle o turno á cacaforra cincenta.

A verdade é que xa só polo seu aspecto, non me quero nin imaxinar cómo era o primeiro «valente» que se atreveu a botarlle o dente, xa tiña que haber fame.

cacaforra cincenta

O consumo deste fungo provoca unha intoxicación grave que se coñece polo nome de Síndrome Panteriniano, que causa náuseas, diarreas e vómitos ás 1-3 horas posteriores ao consumo. Despois disto aparecerán as alteracións visuais e sensoriais, incoordinación motora e mesmo a perda do coñecemento.

A cacaforra aparece a finais de verán ata mediados de outono, baixo os bosques máis frondosos de coníferas.

Podes ler máis sobre este fungo pinchando aquí.

Deja un comentario