Cociña con Cogomelos: Crêpes de champiñóns

Ingredentes para catro persoas

Para os crêpes

  • 4 ovos
  • 175gr de fariña
  • 1/2 litro de leite
  • 3 culleradas de aceite de oliva, manteiga e azucre
  • 250 gr de champiñóns
  • 1 dente de allo
  • 1 cebola mediana

Para a salsa de setas

  • 300 gr de champiñóns
  • 1 cebola mediana
  • 1/4 litro de caldo de ave
  • 1/2 vaso de tona e aceite

crepe-setas--644x362

Preparación

Primeiro prepararemos a masa dos crêpes. Nun bol, batemos os ovos, engadimos a fariña e o azucre e mesturamos. Botamos a leita, unha cullerada de aceite e un chisco de sal. Mesturamos ben.

Nunha tixola botamos unha culleriña de manteiga e cociñamos a masa por ámbolos dous lados ata conseguir unhas tortas finiñas.

Para a salsa, limpamos os champiñóns e as troceamos. Pelamos, picamos e pochamos a cebola nunha tixola con aceite. Incorporamos os champiñóns troceados e deixamos que se fagan. Cóbrese todo co caldo de ave e se deixa que se reduza.

Unha vez feita, tritúrase todo coa batidora. Se se quere que sexa máis suave, pódese engadir tona.

Para o recheo, pelamos e picamos a cebola e os allos en trozos moi pequenos. Dóranse nunha tixola con aceite. Despois engádense as setas troceadas e sazónanse ao gusto.

Por último, só queda rechear os crêpes e enrolalos ben.

Deja un comentario