De Gin Tonics e Boletus

Ultimamente haiche toda unha teima por poñerlle Boletus a absolutamente todo. Son os Gin Tonics da gastronomía, están de moda e canta máis carallada e pompa lles metas, mellor.

Todo empeza polo nome: Fricasé de boletus ao perixel, Tostas de boletus con cebola caramelizada, Carpaccio de boletus salteadas con redución de viño tintoO antes e despois do Boletus

Sen dúbida, a miña versión favorita foi a que saíu no programa de Chicote: Croquetas de boletus con textura de ourizo. Cómo te quedas? Ao final non eran máis que croquetas de champiñóns rebozadas en fideos de sopa. De boletus só tiñan o nome.

A verdade é que non probei a maioría deses pratos “gourmet”, na miña casa somos de ir ao que funciona: salteados e con allo. Pero, igual que os Gin Tonics, estaredes dacordo comigo que o importante é a calidade do produto. Por moito enebro e cogombro que lle poñas, un Larios segue sendo un Larios.

Deja un comentario